O BNG mantén a presión política sobre a declaración BIC da ponte de Pontevea

PonteveaBic
O BNG mantén a presión política sobre a declaración BIC da ponte de Pontevea

En setembro de 2015 o Parlamento Galego aprobou por unanimidade unha proposición non de lei do BNG na que se instaba á xunta a iniciar o expediente para a declaración BIC da ponte medieval de Pontevea, que une os concellos da Estrada e de Teo.

Case ano medio de aprobarse esta iniciativa son poucas as noticias que temos ao respecto e, neste sentido, as deputadas e deputados do BNG no Parlamento Galego rexistraron unha serie de preguntas relativas á tramitación da declaración BIC deste ben patrimonial. 

Así as compañeiras e compañeiros do BNG na cámara galega interésanse sobre se a Xunta de Galiza fixo os estudos necesarios para a incoación do expediente de declaración BIC da ponte de Pontevea, tal e como aprobou o Parlamento en 2015, así como saber en que estado se atopa o citado expediente.

No BNG vemos con certa preocupación que a Xunta de Galiza se tome tanto tempo en aprobar  a declaración BIC dese elemento patrimonial de todos os galegos e galegas, sabemos que “as cousas de palacio van despacio”, pero agardamos que esta lentidude se deba a cuestións burocráticas e non a desintereses da administración galega. Desde o BNG advertímoslle ao PP que perdan toda esperanza de que este asunto quede no esquecemento, porque manteremos a presión política e social para que esta declaración BIC sexa unha realidade en poucos meses.

O BNG mantén a presión política sobre a declaración BIC da ponte de Pontevea