O BNG Presentará  16  propostas de veciños e veciñas de Teo para incluír nas axudas da Deputación

encontroTeo1
Encontro cos veciños e veciñas

O BNG proporalle ao goberno municipal 16 iniciativas recollidas nos encontros que mantivo con veciñas e veciños do concello durante o mes de decembro sobre as necesidades das parroquias en materia de infraestruturas. As propostas aprobadas serán incluídas nos orzamentos de 2017. O resto serán defendidas mediante actuacións que o Bloque levará a cabo nos próximos meses. O obxectivo é conseguir que todas as propostas veciñais poidan ser levadas a cabo.

O BNG Presentará  16  propostas de veciños e veciñas de Teo para incluír nas axudas da Deputación

O BNG PRESENTARÁ  16  PROPOSTAS DE VECIÑOS E VECIÑAS DE TEO PARA INCLUÍR NAS AXUDAS DA DEPUTACIÓN

Foran recollidas polo Bloque en diferentes encontros durante o mes de decembro.

O BNG proporalle ao goberno municipal 16 iniciativas recollidas nos encontros que mantivo con veciñas e veciños do concello durante o pasado mes de decembro para contrastar información e opinións sobre as necesidades das parroquias en materia de infraestruturas. As propostas aprobadas serán incluídas nos orzamentos de 2017. O resto serán defendidas mediante actuacións que o Bloque levará a cabo nos próximos meses. O obxectivo é conseguir que todas as propostas veciñais poidan ser levadas a cabo.

1. Medidas de seguridade viaria en Ribas (Oza). Construción de beirarrúas e medidas para reducir a velocidade dos vehículos.

2. Mellora do firme da estrada que vai da Ramallosa a Sestelo (Rarís), especialmente o tramo desde a ponte até Sestelo.

3. Revisión xeral de beirarrúas en toda a urbanización dos Tilos. Substituír as beirarrúas de baldosas por beirarrúas de formigón pintado (ao estilo das sendas peonís), cando menos nas entradas dos garaxes, onde polo paso dos coches, as baldosas continuamente rompen provocando problemas para coches e viandantes.

4. Revisión global da circulación e aparcamento da urbanización dos Tilos para mellora da seguridade viaria.

5. Colocación de lombas ou pasos de peóns elevados en toda a urbanización dos Tilos, nomeadamente na rúa Carballo, na rúa Loureiro, na rúa Ameneiro e na rúa Castiñeiro.

6. Cubrir as pistas deportivas nos Tilos, de xeito que se poidan usar para o mercado semanal e para poder usar as pistas en días de chuvia.

7. Cubrir a zona de xogos para nenos e nenas na Ramallosa.

8. Medidas de seguridade viaria de Raxó (Cacheiras) e da Torre á estrada AC-841. Beirarrúas.

9. Arranxar a pista de Lamas a Pedrouso (Cacheiras) polo interior.

10. Asfaltar a pista forestal de acceso ao punto limpo, desde a pista que vai de Recesende a Luou.

11. Asfaltar a pista de Casaldomiro a Vilanova polo interior.

12. Construción de beirarrúas desde a urbanización de Campos de Mirabel ao centro de saúde de Folgueiras.

13. Creación dun “camiño seguro” desde a urbanización Campos de Mirabel até o CEIP de Calo.

14. Mellora do firme da estrada de Cornide a Vilar de Francos.

15. Continuación das beirarrúas desde o cruce de Calo até Bustelo en Luou.

16. Medidas para mellorar a seguridade viaria en Augas Mansas.

Estas son as propostas que Manuel Anxo Fernández Baz, concelleiro e responsábel municipal do BNG de Teo, presentará para seren incluídas nos orzamentos de 2017, máis precisamente na partida de fondos asignados ao concello de Teo no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Muncipal (Plan único de concellos) "POS+2017" da Deputación da Coruña, que se elevan a 1.164.962,80€ .

A partida deste ano é substancialmente superior ás anteriores grazas á política fomentada polo BNG desde a Deputación  para darlle aos concellos máis recursos e polo tanto máis capacidade política.

Co propósito de conseguir que esas propostas sexan atendidas ao longo deste ano, o Bloque ten previsto realizar nos próximos meses diferentes actuacións en colaboración coas veciñas e veciños afectados das que irá informando puntualmente.

O BNG Presentará  16  propostas de veciños e veciñas de Teo para incluír nas axudas da Deputación