Reclamamos unha entrada e unha saída da AP9 en Teo
Realizamos un acto simbólico para reclamar un acceso e unha saída da AP9 en Teo e que a empresa concesionaria pague a totalidade do IBI, que significaría un importante ingreso que repercutiría directamente nos veciños e veciñas.
A AP-9 é unha vía que non supón ningún beneficio malia atravesar todo o termo municipal, só paga 5% do IBI que lle corresponde, por unha exención realizada no franquismo, e non ten nin entrada nin saída no concello. Diante desta situación, en novembro de 2015, aprobouse unha moción na que se reclamaba ao Ministerio de Fomento a construción de vías de entrada e saída na autoestrada, como unha forma de repercutir na veciñanza do concello os efectos desta vía de alta capacidade, así como para liberar tránsito doutras vías como a N-550.
Tamén rexeitamos a suba extraordinaria autorizada polo Goberno do Estado que se levará a cabo durante os próximos 3 anos, que para 2018 vai ser do 3,81% para todos os tramos da AP-9, e que vén representar o dobre do IPC.
O Bloque Nacionalista Galego aspira a que desde Galiza se tome o control desa autoestrada para rematar coas deficiencias na súa xestión, as tarifas abusivas, os incrementos constantes e mesmo que sexa empregada como obxecto especulativo por parte de grandes fondos de investimento dados os altos beneficios que xera a custa do peto de sufridos