Amosamos a nosa preocupación pola nova delimitación de estradas autonómicas que afectará á veciñanza de varios núcleos
Reclamamos ao Concello que facilite axiña a información precisa do xeito máis efectivo así como o asesoramento necesario á veciñanza afectada tendo en conta que o prazo de exposición pública, durante o que se poden presentar alegacións, remata o 12 de xaneiro.
O BNG de Teo amosa a súa preocupación pola nova delimitación de estradas autonómicas que afectará aos veciños e veciñas de varios núcleos en Teo.
A nova delimitación modificará o planeamento e por mor dela moitas edificacións legalmente construídas pasarán a estar nunha situación de fóra de ordenación.
«Unha vez aprobados definitivamente […] terán forza vinculante para as administracións públicas e para os particulares, e prevalecerán sobre as determinacións do planeamento urbanístico vixente.»
Por todo isto, desde o BNG reclamamos ao Concello que facilite axiña a información precisa do xeito máis efectivo así como o asesoramento necesario á veciñanza afectada tendo en conta que o prazo de exposición pública, durante o que se poden presentar alegacións, remata o 12 de xaneiro.
Denunciamos, así mesmo, que as continuas modificacións lexislativas efectuadas polo Partido Popular desde o Goberno galego levan a estas situacións e a un baleiramento das competencias e da autonomía local.