O BNG de Teo celebrará un acto para lembrar a Revolución Galega de 1846
O BNG de Teo celebrará un acto ao que convida a tódolos nacionalistas, para lembrar o feito histórico co que rematou a Revolución Galega de 1846, a Batalla de Cacheiras.
Será un acto sinxelo que consistirá na lectura de un poema de Manuel María e unha ofrenda floral en lembranza dos mártires daquela revolución que pagaron coa vida ó situar a Galiza na vangarda revolucionaria, non só da península ibérica, senón tamén de Europa, reclamando os nosos dereitos como pobo e defendendo o dereito das persoas a vivir dignamente.
Aquelas razóns seguen moi vixentes hoxe, 170 anos despois e seguen sendo as demandas fundamentais do nacionalismo galego, as demandas do BNG, o recoñecemento dos nosos dereitos, incluído o da autodeterminación, e o da débeda histórica cun pobo que forma unha entidade colectiva claramente diferenciada que sofre as consecuencias de ser a periferia da periferia nun sistema económico inxusto.
A homenaxe será diante do monumento conmemorativo da Fundación O Grelo?Amigos de Galicia, alí homenaxeremos ás centos de persoas que se levou por diante a contenda que lle da nome, e que representan os doce oficiais que dirixían o exército galego, asasinados en Carral o 26 de abril.