O BNG de Teo demanda unha explicación da corporación municipal arredor da tala de castiñeiros nos Tilos
Preguntamos aos responsables do goberno local pola tala de especies autóctonas, nomeadamente castiňeiros na zona dos Tilos.
O BNG de Teo vai formular unha pregunta aos responsables do goberno local pola tala de especies autóctonas, nomeadamente castiňeiros, que se produciron nas últimas semanas e das que fomos informados por veciňos e veciňas dos Tilos, alarmados por un feito que nun principio e sen que medie unha explicación axeitada, semella un atentado ecolóxico.
Esta non é a primeira reclamación que o BNG recibe neste sentido xa que se produciron cortes de árbores noutras parroquias e sobre os que, nalgúns casos, afirmouse que estaban enfermos. Sin embargo, ao parecer, no caso dos recentes cortes dos Tilos os troncos dos árbores cortados atopábanse en bo estado.
Para o BNG o respecto polas especies autóctonas é unha prioridade, polo que o noso Portavoz Municipal proporá a creación dun plan de repoboación municipal con especies autóctonas e proporá limpar os arcéns de especies foráneas, como as acacias, que invaden algunhas das vías do noso concello.
Teo febreiro de 2017