O PARTIDO POPULAR VEN DE REXEITAR NO PARLAMENTO DE GALIZA A HUMANIZACIÓN DA AC841 SOLICITADA POLO BNG.

O BNG de Teo retoma a campaña pola seguridade viaria no concello

SeguridadeSI
O BNG de Teo retoma a campaña pola seguridade viaria no concello

O BNG de Teo retoma a campaña  pola seguridade viaria no concello de Teo. Esta  campaña xa se desenvolveu en anos pasados, entre outras actividades coa presentación en xaneiro de 2013,  e aprobación polo Pleno municipal dunha moción que demandaba a Elaboración dun Plan  de Humanización  e Seguridade Viaria e como medidas de execución inmediata un plan de accesos as centros de ensino e de saúde.

Desde aquela leváronse a cabo algunhas medidas, parciais, e en moitos casos deficientes como no seu momento denunciamos. En todo caso,  foron medidas mínimas e insuficientes. Porque o concello de Teo conta con centos de quilómetros de estradas asfaltadas,  mais carece de beirarrúas, arcéns mínimos ou sendas para a circulación peonil segura, na maior parte dos tramos asfaltados. Isto xenera un importante risco para os desprazamentos a pé da veciñanza se quere facer o traxecto sen a permanente sensación de estar arriscando a integridade física  pola ausencia dun espazo acaído.

Para o BNG a seguridade viaria ten que ser unha prioridade absoluta para o goberno municipal e demandamos un compromiso firme cunha demanda histórica en Teo na que se ten avanzado só puntualmente. 

É precisa unha aposta estratéxica na que se contemplen todas as actuacións necesarias e a cronoloxía para desenvolver as mesmas.

Esta campaña vai ir dirixida tamén aos outros organismos que son titulares das vías máis importantes que cruzan o concello: Fomento, Deputación de A Coruña e Xunta de Galiza. 

Neste sentido, o grupo parlamentar do BNG no Parlamento de Galiza presentou unha enmenda aos orzamentos da Xunta para realizar obras de seguridade e humanización na comarcal AC 841 Santiago á Estrada no  tramo que cruza Teo, esta medida foi rexeitada polo Partido Popular no Parlamento de Galiza.

O BNG de Teo retoma a campaña pola seguridade viaria no concello