O BNG de Teo rexeita a reapertura da pirotecnia de Calo que permite a nova lei do PP
O BNG de Teo denuncia que a nova lei do solo do Partido Popular que entrou en vigor en marzo de 2016 permite a reanudación da actividade da pirotecnia en Calo que sufriu un grave accidente o 13 de febreiro de 2006 que provocou importantes danos materiais en máis de oitenta vivendas.
E solicítalle ao goberno muncipal (Anova e PSOE) que asuma as súas responsabilidades e tome a iniciativa para evitar que se reanude a actividade dunha actividade potencial perigosa tan próxima ás vivendas, tal e como piden os veciños/as.
Tamén solicita ao grupo municipal do PP que explique aos veciños e veciñas a súa postura ao respecto, xa que é unha lei aprobada polo goberno Feijóo a que posibilita esta reanudación da actividade.