O BNG traballa polos veciños e veciñas de Teo, o PP desmantela, recorta e ignora os seus dereitos
Os concelleiros e concelleiras do PP amosan unha absoluta ignorancia non só a respecto da política local senon tamén dos dereitos das veciñas e veciñas.
Manifestamos máis unha vez a sorpresa diante da actitude dos concelleiros e concelleiras do PP que amosan en cada unha das súas intervencións a absoluta ignorancia non só a respecto da política local senon tamén dos dereitos das veciñas e veciñas do noso concello.
Desde o BNG de Teo non entendemos cómo se pode dicir que se adica unha parte dos plenos a cuestións que non teñen que ver con Teo, senon é desde a ignorancia e a mala fé. Non sabemos no BNG se se refiren a mocións como as que se presentamos en defensa dos estafados polas preferentes, apoiando as demandas e a loita dos emigrantes retornados, denunciando a desfeita da educación e da sanidade, ou por exemplo iniciativas para reclamar medidas de seguridade viaria nas estradas de titutaridade estatal ou autonómica, ou mesmo denunciando o catastrazo do PP de Rajoy… Son todas elas propostas que poden non ser competencia municipal directa, pero nos concellos están os representantes dos veciños e das veciñas para recabar apoios e facer toda a forza posíbel para solucionar temas que afectan aos dereitos dos veciños e das veciñas de Teo, aínda que ao PP non lle pareza así, simplemente porque o seu partido é o que “goberna” na Xunta e no Estado, con toda a responsabilidade que lle corresponde nas políticas de recorte e limitación de dereitos dos últimos anos.
En definitiva, os concelleiros e concelleiras do PP se teñen como propósito real defender os dereitos dos veciños e veciñas de Teo deberían comezar por darse de baixa do partido no que figuran adscritos, porque é o que recorta en sanidade, o que elimina aulas nos colexios, o que ten abandonada a N-550 ao seu paso por Teo, o que nega o centro de día aos veciños e veciñas de Teo, o que envía as cartas co catastrazo, o que recorta axudas e subvencións para o fomento do emprego e da actividade económica…