O BNG Traslada ao Parlamento Galego a polémica planta de residuos de residuos prevista na Casalonga

BNG VISITA CANTEIRA CASALONGA TEO

Os deputados Bará e Rivas e o portavoz municipal, Manuel Anxo Fernández Baz, visitan a ubicación da planta xunto cos representantes da Plataforma Casalonga Limpa. Tras a alarma social xerada, Fernández Baz lembra ao Goberno local que ten marxe suficiente para frear o proxecto coa Lei do Solo na man

O BNG Traslada ao Parlamento Galego a polémica planta de residuos de residuos prevista na Casalonga

O BNG leva ao Parlamento galego a polémica planta de residuos prevista no Concello de Teo cuxa ubicación está proxecta na canteira de Casalonga, cuestión que ten suscitado unha viva contestación social plasmada na creación da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos. Neste sentido, a formación nacionalista interpelará ao Goberno no pleno do vindeiro mércores 20 de xuño cunha pregunta dirixida á conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato.

A iniciativa parlamentaria do Bloque ven precedida da visita que onte mesmo realizaron á canteira os deputados Luís Bará e Xosé Luís Rivas, xunto co portavoz municipal, Manuel Anxo Fernández, acompañados por unha representación da plataforma veciñal, que se opón a construción da planta de residuos por considerar, -como explicaron aos responsables do Bloque-, que as instalacións e a súa posta en funcionamento afectaría tanto á poboación como ao entorno.

Ante a contestación social, o BNG quere que o Goberno da Xunta “se posicione diante do proxecto de planta de xestión de residuos proxectada a menos de 400 metros de núcleos urbanos e que vai implicar un tránsito diario de máis de 40 camións cargados de residuos de todo tipo, ademais de todas as implicacións que ten en materia ambiental”, alega o deputado Bará na súa pregunta de control ao Executivo de Feixóo.

O 15 de maio o Goberno municipal de Teo convocou á veciñanza da parroquia de Calo a unha reunión na que se informou que o Concello tiña constancia desde decembro de 2017 do Proxecto básico e estudo de impacto ambiental para a solicitude da autorización ambiental integrada das instalacións de xestión de residuos ubicadas en Teo, presentado polo Grupo Toysal.

Este proxecto ten como obxectivo “a posta en funcionamento na antiga canteira de Camilo Carballal dunha instalación de tratamento e reciclado de residuos composta por unha planta de biogás agroindustrial e unha de procesado de digestatos e produción de fertilizantes”, como se recolle na documentación presentada ao goberno local.

“En definitiva, a pretensión é poñer en funcionamento no lugar da Casalonga unha planta de xestión de lodos de depuradoras, lodos de conserveiras, lodos e residuos de industrias agroalimentarias, residuos SANDACH, puríns e estercos, e outros tipos de residuos altamente contaminantes”, alerta o BNG na súa iniciativa parlamentaria.

A información polo executivo local provocou a alarma social que derivou na constitución dunha plataforma veciñal, contra o que consideran “unha nova fonte de problemas despois de aguantar durante anos as consecuencias da antiga canteira”. Unha alarma que non deixou de medrar nas sucesivas asembleas convocadas polo goberno municipal, cando debería de aportar solucións amosando vontade de solucionar de responder as demandas veciñais.

Balóns fora

A formación nacionalista faise eco desa preocupación e traslada o asunto ao Parlamento, tendo en conta que o proxecto da planta de residuos terá un impacto inmediato no concello de Teo, mais tamén vai afectar a outros concellos da contorna polas potenciais consecuencias negativas da instalación prevista pola empresa Toysal.

De feito, o portavoz municipal, Manuel Anxo Fernández, salienta que coa actual Lei do solo “o Goberno municipal ten marxe suficiente para emitir un informe negativo de compatibilidade urbanística e evitar que se instale un vertedoiro na canteira de Casalonga”, polo que insta tanto a Son de Teo-Anova como ao PSOE “a que se poñan a traballar para buscar unha alternativa e deixen de botar balóns fóra.”

O BNG Traslada ao Parlamento Galego a polémica planta de residuos de residuos prevista na Casalonga