DENDE O BNG DE TEO SUMÁMONOS Á CONCENTRACIÓN CONVOCADA POLA ANPA DO IES CACHEIRAS PARA ESTE MÉRCORES 16 DE FEBREIRO ÁS 14H

concentración en protesta polo servizo de transporte escolar no IES Cacheiras

Dende o bng de Teo sumámonos á concentración en protesta contra a xestión do servizo de transporte escolar convocada dende a ANPA do IES Cacheiras para este Mércores 16 de Febreiro ás 14h diante do instituto.

Este instituto do noso Concello leva xa máis dun mes con continuos descontrois no servizo de transporte escolar, o que impide que leve correctamente a término as súas funcións, o que provoca entre outros conflitos, continuos retrasos, longas agardas e perigosidade para o alumnado.

Ante esta situacíon facemos un chamamento á toda a veciñanza a que se sume á concentración en apoio da ANPA, coa finalidade de dar visibilidade a unha problemática que precisa dunha urxente solución.

concentración en protesta polo servizo de transporte escolar no IES Cacheiras
concentración en protesta polo servizo de transporte escolar no IES Cacheiras