O PRÓXIMO DOMINGO DÍA 23 ÁS 12H HABERÁ UNHA OFRENDA FLORAL NO MONUMENTO DE MONTOUTO

Conmemoración da Batalla de Cacheiras de 1846

Conmemoración da Batalla de Cacheiras de 1846

Onte xoves, día 20, ás 20:00hs, no local do BNG de Teo (Travesía de Cacheiras, 62) tivemos a exhibición do vídeo: A revolución galega de 1846 e mártires da liberdade seguido dunha conferencia a cargo de Uxío-Breogán Diéguez Cequiel (Director da Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña) que contou cunha destacable afluencia de público.

Agradecémoslle a Uxío a conferencia tanto polos contidos como polo ameno da mesma e agradecemos a participación que houbo.

Lembramos tamén, que o domingo, día 23, ás 12:00 hs, no monumento á batalla de Cacheiras (Montouto) faremos a tradicional Ofrenda Floral á que está convidada toda a veciñanza e persoas interesadas.

Conmemoración da Batalla de Cacheiras de 1846