En novembro presentamos dúas emendas aos orzamentos da Xunta reclamando melloras no CEIP da Ramallosa
O PP rexeitou no Parlamento galego as dúas emendas presentadas polo BNG aos orzamentos da Xunta para 2018 reclamando un ascensor para o CEIP da Ramallosa e medidas de mellora en materia de seguridade e prevención.
O PP rexeitou no Parlamento galego as dúas emendas presentadas polo BNG aos orzamentos da Xunta para 2018 reclamando un ascensor para o CEIP da Ramallosa e medidas de mellora en materia de seguridade e prevención.
O portavoz do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, tivo coñecemento de varias demandas da comunidade educativa do CEIP da Ramallosa entre as que se destacaron a ausencia de ascensor no centro e a falta de medidas de seguridade e prevención de riscos, ademais de poñer de manifesto a problemática do teito de fibra de cemento (uralita) así como as deficiencias de aillamento das ventás que impiden o quecemento das aulas e supoñen un enorme despilfarro enerxético. Con estas propostas presentáronse emendas aos orzamentos da Xunta para 2018 co obxectivo de que fosen consideradas polo Goberno do Partido Popular, mais no debate no Parlamento galego do proxecto de orzamentos foron rexeitadas as emendas e polo tanto as demandas da comunidade educativa do CEIP.
Este día coñecemos a denuncia dunha nai que poñía de manifesto a problemática xenerada pola humidade e polas deficiencias de aillamento que xeneran unha situación insostíbel para o alumnado, e nomeadamente para os nenos e nenas de primaria. Con esta denuncia quedan de manifesto as dificultades para ensinar e aprender nesas condicións de humidade.
Fernández Baz denuncia que estas situacións tamén se producen noutros centros de ensino do concello como en Calo, centro no que xa se denunciaran os recortes en profesorado e nos servizos complementarios, e criticou “a política de recortes do PP que deixa os servizos públicos nunha situación lamentábel, e reclamou un cambio de prioridades para facer as inversións necesarias nos centros de ensino para que non sexan lugares insufríbeis e volvan cumprir a función para a que existen, a educativa”. O concelleiro nacionalista, en referencia ao CEIP da Ramallosa, conclueu dicindo que “para completar o kit de despropósitos só falta que se constrúa a gasolineira”.