O BNG DE TEO PRESENTOU UNHA PROPOSTA INICIAL DE ALEGACIÓNS
Encontro en Solláns coa veciñanza preocupada polo proxecto da nova pirotecnia
Ao encontro acudiu o deputado nas Cortes Nestor Rego e a voceira municipal Patricia Castelao.
O proxecto de instalación da pirotecnia está en fase de exposición pública, aberto o prazo de presentación de alegacións.
A proposta inicial de alegacións fomentada polo bng é susceptíbel de ampliacións, polo que a veciñanza quedou emprazada para un novo encontro na AAVV A Baiuca o vindeiro xoves, 28 de xullo ás 20:30h.
A proximidade do taller pirotécnico, para o que se solicita autorización, a vivendas e dependencias anexas xera preocupación entre a veciñanza, maior se cabe por ter xa sufrido os efectos dunha explosión da antiga pirotécnica no ano 2006 que, se ben non se saldou con vítimas, produciu moitos danos materiais.
Pódese descargar o modelo de alegacións do bng premendo en "Alegacións pirotecnia en Solláns" (máis abaixo), animamos á veciñanza a imprimilo, cubrilo e facérnolo chegar o mesmo día da xuntanza ou ao mail [email protected] ou contactar con nós por calquera medio dos que dispomos para contacto co fin de arranxar calquera incidencia que puidera xurdir.