O BNG esíxelle ao alcalde que actúe con urxencia para solucionar o problema das naves en ruínas na Urbanización Augas Mansas
O goberno municipal (Son de Teo - Anova - PSOE) segue sen dar unha solución as demandas da veciñanza de Augas Mansas en relación á antiga fabrica de cepillos.
O goberno municipal (Son de Teo - Anova - PSOE) segue sen dar unha solución as demandas da veciñanza de Augas Mansas en relación á antiga fabrica de cepillos. Esta instalación que non está debidamente pechada, está nun estado de abandono e ruína e representa un perigo, mesmo sanitario, para a veciñanza, lembramos que xa houbo pequenos incendios en anos anteriores e que é un auténtico vertedoiro de lixo.
En febreiro do 2016 a veciñanza da Urbanización manifestóuselle ao Sr Sisto que esta vella fábrica era usada como campo de xogo de paintball e que algúns rapaces entraban nela e mesmo subían ao cumio, co perigo que supón para a súa integridade.
Aínda que moitas veces solicitamos o peche efectivo do perímetro e a vixilancia da Policía Local, o Sr Alcalde segue a mirar para outro lado.
En días pasados unha persoa subiu ao punto máis alto da fábrica para voar un dron.
Desde o BNG rexeitamos as promesas baleiras e a actitude pasiva do Alcalde, que na práctica só protexe aos propietarios do solar e non á veciñanza. Non é aceptábel que o Goberno municipal se adique a deixar pasar o tempo a ver si se derrumba completamente.
Así pois, reclamamos, unha vez máis, actuacións inmediatas e urxentes a respecto da situación da antiga fábrica de cepillos que se atopa en ruínas, con todos os perigos que supón.
Reclamamos o cumprimento dos compromisos para solucionar os problemas da Urbanización.