Falemos con Ana Pontón
Celebramos un acto político no que participou a portavoz nacional Ana Pontón que estivo acompañada polo portavoz municipal do BNG de Teo, Manuel Anxo Fernández Baz.
O pasado mércores celebramos un encontro con Ana Pontón e co portavoz municipal Manuel Anxo Fernández Baz no que baixo o lema «Falemos con Ana» os militantes e simpatizantes da formación puderón conversar e facerlle chegar directamente á portavoz nacional as súas inquedanzas. Temas como o da AP9, a tárifa eléctrica ou a discriminación a Galiza nos orzamentos xeraís do estado foron parte na conversa.
Con este sinxelo acto acompañandos por Ana Pontón, demos o primeiro paso para afondar na recuperación do espazo político no Concello coa vontade de converter Teo nun concello para vivir, humanizado, con servizos públicos de calidade, absolutamente transparente e participativo. Un concello que conte coa veciñanza.