O Goberno do PSOE e UP considera que se pode facer un vertedoiro na Casalonga
Seguiremos pedindo o cambio da normativa do PSOE e as políticas de depredación do Partido Popular porque non queremos un vertedoiro na Casalonga
O BNG, a través do deputado Néstor Rego, preguntou ao Goberno do Estado se vai reformar o RD 105/2008 e o RD 975/2009 para que as canteiras non rematen sendo vertedoiros encubertos. A resposta é que se poden construír e que non van cambiar a normativa.
“Es decir, se puede construir un vertedero en un espacio afectado por la actividad minera, cumpliendo con todos los requisitos de un vertedero, o se pueden valorizar residuos inertes, siempre que sustituyan a materias primas vírgenes, pero contando en ambos casos con la autorización correspondiente de la autoridad competente”.
O Grupo Municipal do BNG en Teo insta a PSOE e PP a traballar contra o vertedoiro e deixar de enganar á veciñanza, ambos teñen responsabilidade e a incapacidade duns e as políticas de depredación dos outros están poñendo unha alfombra vermella á empresa.
Deben asumir a súa responsabilidade polas normativas que permiten o vertedeiro, o PSOE de Teo está sometido aos designios de Madrid e néganse a traballar connosco na vía máis eficaz para parar o posíbel vertedoiro que é cambiar as normativas e o PP demostra en cada votación do Parlamento de Galiza, a pesares das promesas feitas á veciñanza repetidas veces antes das eleccións, que están do lado das empresas.
O Portavoz municipal, Manuel Barreiro lembra que “levamos dende o principio avisando que a solución definitiva pasa por cambiar as normativas, tanto a estatal que permite os vertedoiros coma a autonómica que relaxa as medidas de control e facilita tramites. O PSOE ten que explicarlle á veciñanza porque non vai cambiar a normativa como prometeron na campaña electoral de 2019 e que haberá un vertedoiro”. Barreiro, sinalou tamén que “as actuacións do PSOE municipal son inexplicábeis, primeiro coa `incompatibilidade urbanística´ que se negaron a emitir durante 9 meses e despois co rexeitamento de todas as iniciativas para protexer o espazo, non atenderon ningunha das peticións que lles fixemos dende a protección dos humedais até o contencioso administrativo, a concelleira Lemus pide un novo informe medioambiental que dirá o mesmo que o anterior, que estaba feito dacordo ás normativas vixentes aprobadas polo seu partido”. E finalizou dicindo que “cada día é máis difícil diferenciar a PSOE e PP, ambos responden só ás grandes empresas extrativas e depredadoras, dá o mesmo que sexan minas, canteiras, vertedoiros ou eólicos, sempre están de costas á veciñanza. Nós reiteramos o noso apoio á veciñanza da Casalonga e seguiremos con eles até que se pare o vertedoiro”.