EXIXIMOS A RECTIFICACIÓN DO PROXECTO DA AUTOVÍA DA ESTRADA QUE NON DEBE DEIXAR INCOMUNICADAS AS PARROQUIAS DO SUR DE TEO

O grupo municipal do BNG reúnese co tecido social e empresarial de Pontevea

Captura de pantalla 2020-12-05 a las 19.37.05
O grupo municipal do BNG reúnese co tecido social e empresarial de Pontevea

O venres o portavoz do grupo municipal do BNG, Manuel Barreiro, mantivo unha reunión en Pontevea con representantes do tecido social e empresarial da zona para coñecer de primeira man as preocupacións destes colectivos a respecto da prolongación da autovía da Estrada que a Xunta de Galiza quere facer con entradas e saídas só en dirección a Santiago de Compostela. A reunión durou arredor dunha hora e serviu para coñecer de primeira man as necesidades e demandas da veciñanza e empresas da zona que están moi preocupadas polo que consideran unha grave ameaza para as parroquias do sur de Teo e da contorna de Pontevea, onde se concentra un bo número de postos de traballo.

Manuel Barreiro reiteroulles “o compromiso do bloque coas súas demandas e que o BNG fará todo o posíbel para que a Xunta de Galiza rectifique esta derradeira ocorrencia, no que xa é, unha longa historia de despropósitos con esta infraestrutura”. Así mesmo, o Portavoz do Bloque en Teo anima á veciñanza da zona a facer alegacións ao proxecto e a organizarse co fin de acadar unha solución que non os prexudique e exixelle o Goberno Municipal que faga todo o posíbel para que esta zona de Teo, que o Sr. Sisto e a Sra. Lemus tiveron abandonada neste e no anterior mandato, non fique illada”. Por último sinalou “o que parece unha estratexia do PP dende a Xunta, primeiro non se contemplan as entradas e saídas, logo fanse e así o PP de Teo pode facer propaganda e dicir que fixeron algo por Teo para compensar o apoio que lle dan a Toysal na construción dun vertedoiro na Casalonga”.

O BNG comprometeuse a reclamarlle á Xunta de Galiza unha rectificación e o goberno municipal que traballe tamén nesa liña para solucionar o que, sen dúbida, é unha grave ameaza para a zona sur do Concello. 

O grupo municipal do BNG reúnese co tecido social e empresarial de Pontevea