Acto de lembranza e homenaxe da batalla de Cacheiras

c7c5a839-63d9-40b6-a791-854fafa43334

Celebramos un pequeno e emotivo acto de homenaxe, como cada ano, ás centos de persoas que loitaron na batalla de Cacheiras coa que rematou a Revolución Galega de 1846.

Acto de lembranza e homenaxe da batalla de Cacheiras

A militancia e simpatizantes do BNG de Teo reunironse no monumento conmemorativo da Fundación O Grelo‐Amigos de Galicia, para lembrar ás persoas que pagaron coa vida a súa reclamación do noso dereito a vivir dignamente e o recoñecemento do noso pobo como entidade colectiva claramente diferenciada e que sofre as consecuencias de ser a periferia, situando a Galiza na vangarda revolucionaria de Europa.

O portavoz municipal, Manuel Anxo Fernández Baz dirixiu unha palabras aos asistentes nas que lembrou que a reclamación do noso dereito a decidir como pobo segue vixente e que seguimos sendo periferia nun estado cada vez máis centralista e inimigo de liberdades fundamentais. O acto no que tamén participou o deputado Xosé Luís Rivas "Mini" que tocou unha peza coa zanfona. Rematou esta homenaxe cunha ofrenda floral que depositaron ao pe do monumento Manuel Anxo Fernández Baz e Mini.

Acto de lembranza e homenaxe da batalla de Cacheiras