Lamentamos que PSOE e PP dean as costas á veciñanza e continúen sen querer modificar as normativas que permiten o vertedoiro

IMG_3379
Lamentamos que PSOE e PP dean as costas á veciñanza e continúen sen querer modificar as normativas que permiten o vertedoiro

Lamentamos que PSOE e PP dean máis unha vez as costas á veciñanza e continúen sen modificar a normativa que permite a instalación dun vertedoiro na Casalonga. O Partido Popular e a Xunta de Galiza están posicionados do lado das empresas de residuos como demostra a súas actuacións no Parlamento de Galiza, a pesares das promesas feitas á veciñanza repetidas veces antes das eleccións. 

Por outra banda, o Goberno Municipal de Sisto e Lemus nada fixeron para solicitar a inclusión das lagoas no inventario de humidais, nin sequera a botar man da vía do contencioso administrativo para impedir a instalación do vertedoiro, malia terllo pedido en distintos plenos, a última no pleno extraordinario do mes de agosto no que apenas deron explicacións de nada e mesmo se molestaron por pedirllas. As actuacións destes dous anos seguen sendo erráticas e amosan unha falla de iniciativa fatal por parte deste Goberno Municipal. 

Manuel Barreiro, Responsábel local do BNG, manifestou que “non nos cansaremos de pedirlle a PP e PSOE que cambien as normativas para rematar este despropósito, mais non abandonan esa postura ambivalente e deshonesta para coa veciñanza de dicir unha cousa en Teo e a contraria en no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados e Deputadas en Madrid. Non é de recibo prometer cambios na normativa para pedir o voto e logo facer que non saben nada do tema, incluso  hai un compromiso do Secretario de Estado de Medio Ambiente, anunciado plena campaña electoral mais aínda non se modificou nin unha coma. No BNG pensamos que, por desgraza, o cambio das normativas é a única vía que pararía definitivamente a instalación do vertedoiro, mesmo a Comisión Europea xa advertiu que tal como está era un coadoiro de vertedoiros”.

Reiteramos a nosa disposición á traballar xuntos mais lamentamos tamén que pese as distintas manifestacións do Alcalde e da Sra. Lemus, seguimos sen ter información do que pensa facer este Goberno Municipal co obxectivo de impedir que se instale o vertedoiro. Nin unha soa reunión de portavoces en do 2020 non pensamos que sexa o mellor xeito de promover a unidade de acción.

Lamentamos que PSOE e PP dean as costas á veciñanza e continúen sen querer modificar as normativas que permiten o vertedoiro