Manuel Anxo Fernández Baz é o candidato do BNG en Teo para as municipais de 2019
A asemblea local do BNG en Teo reafirmou a Manuel Anxo Fernández Baz, actual portavoz na corporación local, como candidato á alcaldía para as eleccións municipais de 2019.
A asemblea local do BNG en Teo reafirmou a Manuel Anxo Fernández Baz, actual portavoz na corporación local, como candidato á alcaldía para as eleccións municipais de 2019.
Manuel Anxo é veciño de Campos de Mirabel (Calo), licenciado en ciencias políticas e da administración, traballa como asistente técnico do BNG no Parlamento galego, e foi concelleiro de persoal, medio ambiente e deportes en Teo.
O candidato Baz agradece a confianza e apoio da militancia e comprométese a seguir traballando por Teo “co convencemento de que as veciñas e os veciños do concello merecen máis e mellor e o BNG é a garantía para logralo, contando co imprescindíbel apoio da veciñanza para facelo posíbel”. Por outra banda, destacou que “nas vindeiras semanas o BNG irá concretando os aspectos máis importantes do traballo a desenvolver até as eleccións municipais, destacando a elaboración do programa electoral que conterá medidas e compromisos firmes de goberno na mellora da calidade de vida das veciñas e dos veciños de Teo, en base ás demandas que levamos feito xunto coa veciñanza e que o actual goberno non ten atendido”, así mesmo tamén puxo de manifesto que “imos construír unha candidatura combinando os criterios de xénero, territorial e técnico, desde a perspectiva de conformar un equipo para gobernar Teo e resolver os problemas que padecen os seus habitantes.”