Manuel Barreiro incorpórase coma concelleiro
Manuel Barreiro Rozados prometeu onte o cargo de concelleiro no Pleno da Corporación de Teo e incorpórase ao grupo municipal de BNG, que forma con Carme Diéguez, en substitución de Manuel Anxo Fernández Baz que presentou a renuncia o pasado mes de outubro.
Manuel Barreiro é veciño da parroquia de Cacheiras, na que ten domicilio dende 2004. É Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela e é o Responsábel local do BNG na localidade dende maio do 2017. Traballou man a man con Manuel Anxo Fernández Baz dende 2015 e particularmente dende a súa elección coma Responsábel local.
O novo concelleiro asume o cargo «agradecendo, en primeiro lugar, a Manuel Anxo a dedicación, compromiso e honestidade nun traballo impecábel á fronte do grupo municipal que asumiu nuns momentos moi duros. Para min é un exemplo a seguir e é unha honra sucedelo coma concelleiro. En segundo lugar, coa vontade de continuar o bo traballo que as compañeiras e compañeiros do Bloque levan feito no concello, con toda a humildade e ilusión, intentando aportar para construir un concello mellor para os e as Teenses.