CAMPAÑA PARA O FOMENTO DO COMERCIO E PRODUTOS DE PROXIMIDADE

Mello local, mellor galego

O bng de Teo leva xa un tempo traballando en diferentes ubicacións do noso concello na campaña en apoio ao comercio local e aos produtos de proximidade
Mello local, mellor galego

Como ven sendo habitual nestas datas imponse un modelo de consumo baseado en produtos de grandes multinacionais en grandes superficies, algo que, ademais de prexudicar directamente as veciñas e veciños que teñen estabelecementos produtivos ou comerciais en Teo ou concellos similares, provoca un empobrecemento da nosa economía e a desertización destes.

Desde o Bloque Nacionalista Galego cremos que Teo precisa dar maior apoio ao comercio de proximidade, que potencia a nosa economía e humaniza, debemos dar pulo aos produtos galegos que son, ademais, dunha grande calidade.  Por iso animamos a todas as persoas que pensen mercar nestas datas a que fagan primeiro esta reflexión.

No bng de Teo reivindicamos a artesanía, a música, os libros, a cultura, os xoguetes non sexistas, unha importante cantidade de produtos que creamos directamente, etiquetados na nosa lingua e ofertados polas nosas veciñas e veciños. 


#MellorLocalMellorGalego 

campaña comercio 22 nos Tilos
Mello local, mellor galego