O BNG DE TEO REALIZOU A TRADICIONAL OFRENDA FLORAL EN MONTOUTO
Ofrenda floral no aniversario do asasinato de Anxel Casal
O 19 de Agosto, o bng de Teo realizou a tradicional ofrenda floral en Montouto con motivo do aniversario do pasamento de Anxel Casal, quen fora alcalde de Compostela asasinado durante golpe militar feixista á República.
Entre outr@s militantes do bng participaron no acto de lembranza as nosas concelleiras Carme Diéguez e Patricia Castelao , voceira municipal.
Dende o bng de Teo salientamos este tipo de actos como xeitos de facer memoria dos que sofreron as consecuencias de facer país e defender a cultura propia nunha época escura.
AnxelCasal sempre na nosa memoria!