Organizamos una andaina pola Seguridade Viaria e a humanización de Teo

DSC_5924

Teo precisa urxentemente máis Seguridade Viaria e a humanización do Concello

Organizamos una andaina pola Seguridade Viaria e a humanización de Teo

Organizamos una andaina para reclamar un Plan de Seguridade Viaria e Humanización. Saímos do núcleo urbano de cacheiras ás 11 da mañá e fixemos un percorrido circular polos lugares de A Ribeira, Raxo, A Torre e Feros, para volver ao punto de partida pasadas ás 12 da mañá.

O portavoz municipal Manuel Anxo Fernández Baz, que encabezou a andaina, manifestou que “seguimos e seguiremos reclamando con estes actos simbólicos un plan de seguridade viaria e de humanización para Teo de carácter integral, un elo imprescindíbel na procura dunha mellor calidade de vida no noso concello no que carecemos de beirarrúas en moito lugares, ou por exemplo, non existe nin un só quilómetro de carril bici.”

O Bloque, apoia unha demanda histórica veciñal e leva demándolle ao goberno municipal de Teo (Son de Teo-Anova/PSOE) a posta en marcha dun Plan de seguridade viaria toda a lexislatura, repetindo estas andainas por distintos puntos perigosos do Concello como xeito de facer ver un dos principais problemas que temos en Teo. O Plan de seguridade viaria sería o marco para avanzar na consecución de camiños seguros, carrís bicis, así como roteiros e sendas para o deporte e para desprazarse a pé.

Os veciños e veciñas de Teo reclaman máis seguridade viaria e demandan a humanización do noso concello, O BNG teno como prioridade, por iso consideramos necesario seguir facendo accións simbólicas como a organizada hoxe, que foi secundada por varios veciños e veciñas.

Organizamos una andaina pola Seguridade Viaria e a humanización de Teo