Poñémonos a disposición do goberno municipal ante a situación de crise xerada polo coronavirus
13 mar. 2020 - 16:05
O BNG en Teo, a través do portavoz municipal, vén de comunicar ao Alcalde que ten a man tendida ao goberno municipal para colaborar e axudar no que fora preciso ante a situación de crise xerada polo coronavirus. A prioridade para nós é a saúde pública e estará ás medidas que se determinen desde as administracións con criterio científico. Seguindo a máxima da responsabilidade social adiamos tódolos actos públicos que tiñamos convocados.