O GOBERNO DO PSOE CON UP SEGUE CONSIDERANDO QUE SE PODE FACER UN VERTEDOIRO NA CASALONGA
PP, PSOE e Unidas Podemos aliados nas políticas de depredación que permiten un vertedoiro na Casalonga
Na resposta esquivan as preguntas e limítanse a evadir as responsabilidade e os compromisos adquiridos coa veciñanza de Teo apenas uns meses antes da elección municipais de 2019.
O BNG, a través do deputado Néstor Rego, rexistrou unha segunda pregunta por escrito para o Goberno do Estado de PSOE e Unidas Podemos sobre o proxecto de vertedoiro da Casalonga.
Se na primeira, feita en novembro de 2020, o Goberno dos Socialistas e Podemos recoñecía que non ía cambiar a normativa e que esta permitía a instalación dun vertedoiro na antiga canteira da Casalonga nesta segunda confirma, por omisión, que non vai mover un dedo para impedir este ameaza contra a saúde e o benestar da veciñanza da Casalonga e de Teo.
Preguntamos, desta vez, se o de Goberno do Estado coñece concretamente a problemática social e a oposición veciñal ao proxecto do vertedoiro na Casalonga, así mesmo, preguntamos tamén se consideran que a empresa podería estar aproveitándose da ambigüidade interpretativa normativa e se consideran que é necesaria a modificación das normativas para evitar unha interpretación fraudulenta e facelas máis garantistas.
A contestación do Goberno español é un texto xenérico no que non se responde ás cuestións que se lle preguntan. Limítase a sinalar que “a competencia para la autorización, vigilancia, inspección y sanción en materia de producción y gestión de residuos” corresponde á Comunidade Autónoma e que a normativa estatal, os xa coñecidos RD 105/2008 e o RD 975/2009 “dictan normas específicas para este tipo de residuos”.
No texto esquivan as preguntas e limítanse a evadir as responsabilidade e os compromisos adquiridos coa veciñanza de Teo apenas uns meses antes da elección municipais de 2019.
O Grupo Municipal do BNG en Teo insta a PSOE e PP a deixar de enganar á veciñanza, e a actuar dentro dos seus respectivos partidos para corrixir estas políticas que traballan a prol do vertedoiro. Non abonda con limitarse a dicir que non están de acordo coas direccións dos seus partidos e encollerse de ombreiros. E se non son quen, ou non queren facelo, que asuman as responsabilidade de teren enganado á veciñanza e os respectivos responsábeis municipais deben dimitir de inmediato.
O Portavoz municipal, Manuel Barreiro insiste en que “como levamos dicindo dende o principio a única solución definitiva pasa por cambiar estas normativas, tanto a estatal coma a autonómica”, Barreiro, sinalou tamén que “cada vez é máis difícil distinguir cal é o PSOE e cal o PP mais dos populares un xa non agarda nada máis que o servilismo coas empresas e o desleixo co país, o preocupante é que o PSOE fai as mesmas políticas pero dende o goberno municipal, que por certo, neste tema está desaparecido, temos un Alcalde que non exerce e unha “Alcaldesa” que ninguén elixiu.