A instalación, xa en construcción, está a carón do CEIP da Ramallosa e a escasos metros dun rio

roto5_tcm7-14063

O portavoz municipal do BNG preguntou ao alcalde polas obras de construción dunha gasolineira nun lugar que se atopa moi próximo ao río Tella e a escasos metros do CEIP da Ramallosa.

A instalación, xa en construcción, está a carón do CEIP da Ramallosa e a escasos metros dun rio

O portavoz municipal do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, preguntou ao alcalde polas obras de construción dunha estación de subministro de carburantes e combustibles polo miúdo e dun centro de servizos nun lugar que se atopa moi próximo ao río Tella e a escasos metros do CEIP da Ramallosa e elevoulle ao goberno municipal a preocupación que una instalación desas características suscita nos país e nais dos alumnos do centro. 

Non consideramos axeitado, que agora que a tendencia xeral no urbanismo é a de alonxar este tipo de instalación das zonas poboadas, os veciños e veciñas de Teo teñamos que ver como instalan un establecemento que distribúe produtos altamente perigosos e contaminantes nun dos núcleos urbanos do noso Concello, e aínda máis, a carón dun colexio.

Por todo isto, dende o Bloque reclamamos información, denunciamos que as modificacións lexislativas efectuadas polo Partido Popular desde o Goberno galego levan a situacións como esta e a unha perda da cada vez máis reducida autonomía local, pedimos unha resposta por parte do goberno municipal de Teo, que asiste como espectador inanimado ao malestar e preocupación que xera a instalación.

A instalación, xa en construcción, está a carón do CEIP da Ramallosa e a escasos metros dun rio