Saneamento, abastecemento de auga e seguridade viaria agardan polos orzamentos para 2018

Ramallosa_-_Casa_do_concello_de_Teo

Son de Teo e PSOE evidencian que teñen problemas para aprobar os orzamentos

Saneamento, abastecemento de auga e seguridade viaria agardan polos orzamentos para 2018

O goberno municipal de Teo, conformado por Son de Teo e PSOE, segue sen aprobar os orzamentos, provocando a falta de atención anecesidades fundamentais como son as actuacións en servizos básicos como o saneamento e abastecemento de augae a seguridade viaria.

Diante desta situación, o portavoz municipal do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, insta ao goberno de Rafael Sisto e Uxía Lemus a “que resolvan os seus problemas e se poñan a traballar para presentar canto antes ascontas para este ano 2018.” E engade que, “non hai proposta de contas, nin información algunha sobre o estado na tramitación, nin tampouco de que concorraimpedimento algún como acontecía en 2017, que xustificaron por un erro na contabilidade municipal e que levou a súa aprobación ao mes de xullo.”

Ademais, engade o portavoz nacionalista, 'nopleno de novembro de 2017, preguntámoslleao alcalde polo estado dos orzamentos recibindo como resposta que se aprobarían antes de finais de xaneiro, o que proba que mentiu ou que hai algún tipo de problema no goberno local. A respecto da posición do PSOE chama a atención que a actual portavoz do partido e concelleira de urbanismo, Uxía Lemus, cando estaba na oposición non agardaba a que rematase o ano para criticar ao goberno municipal por non presentar os orzamentos en tempo, mais agora é responsábel dunha situación inaudita en Teo: presentar os orzamentos despois do primeiro trimestre do ano, cando forma parte dun goberno con maioría suficiente.

Fernández Baz destaca que “para os veciños e veciñas de Teo todo ten un límite, tendoen conta que temos un goberno municipal con maioría absolutanoque seis membros do goberno teñen salario do Concello, mentres a veciñanza agarda actuacións municipais en servizos como o saneamento, o abastecemento de auga ou a seguridade viaria.”

Saneamento, abastecemento de auga e seguridade viaria agardan polos orzamentos para 2018