Son de Teo e PSOE anuncian a suba da contribución para 2019
A nova ponencia de valores afectará aos veciños e veciñas no recibo de 2019. O BNG advertiu da suba xa no 2015.
O goberno municipal de Teo, conformado porSon de Teo e PSOE, anunciou este xoves a entrada en vigor da nova ponencia de valores do catastro no Concello de Teo. A nova ponencia, implica unha suba da contribución que se vai prorratear nos vindeiros dez anos de maneira que en cada exercicio vai subir un 10%.
Despois de subir o 25%, e a pesar da nova ponencia que era ben coñecida polo actual goberno municipal, propoñen unha baixada do tipo de gravame de 0,01 puntos pasando do 0,55 ao 0,54. En definitiva, subiron o 25% e agora, cando a base de cálculo vai subir considerabelmente, proponen unha baixada do 1,82%.
Hai que lembrar que neste mandato sufrimos diferentes problemáticas, coma a creada desde o goberno municipal de Son de Teo e PSOE, cando en setembro de 2015 decidiron modificar a ordenanza pasando o tipo de gravame do 0,44 ao 0,55%, o que supuxo un incremento do 25%. Aquela proposta, que foi aprobada cos votos do goberno municipal, xenerou un debate sobre a posición do executivo local que facía boa a política de Montoro e o chamado “catastrazo” do PP, formalizándo este a través da modificación da ordenanza.