Teo precisa un Plan de seguridade viaria.

Accidente-Teo
Accidente-Teo
Teo precisa un Plan de seguridade viaria.

O BNG da Teo cuestiona a falta de claridade na convocatoria do Foro sobre “Camiños Seguros” que tivo lugar o dia 11 de Marzo no Salón de Plenos do Concello de Teo, e que provocou unha escasa asistencia ao tempo que desconcerto, xa que, as e os asistentes descoñecían que alí se decidirían os criterios de prioridade dos camiños. Malia esta desafortunada convocatoria o Bloque Nacionalista Galego, tras diversas xuntanzas coa veciñanza de Teo e despois de escoitar as prioridades das veciñas e veciños, fai seus os criterios que os homes e mulleres de Teo expoñen como preferentes para conseguir un concello seguro e habitábel.

Neste sentido o portavoz municipal, Manuel Anxo Fernández Baz, destacou a “importancia de celebrar encontros participativos organizados polo concello” pero tamén denunciou “que non se trata de crear ficcións para que se fagan propostas e que queden niso, senon tamén en dispoñer dos recursos e criterios técnicos para executalas”, e para isto insistíu en que “é imprescindíbel un Plan de seguridade viaria e de humanización de Teo de carácter integral como aposta eficaz e segura na procura dunha mellor calidade de vida no noso concello.”

O Bloque demándalle ao Goberno municipal de Teo (Son de Teo-Anova/PSOE) a posta en marcha dun Plan de seguridade viaria, como a maneira integral de facerlle fronte á consecución de camiños seguros, carrís bicis, así como roteiros e sendas para o deporte.

Teo precisa un Plan de seguridade viaria.