Novas
Consideramos o Plan de Mobilidade de Teo como un marco necesario para humanizar o Concello
16/abr./2018
O Plan reflicte as principais problemáticas de Teo en materia de seguridade viaria e de mobilidade Desde o BNG temos claro que é necesario avanzar nesa dirección e amosamos a nosa disposición para lograr o obxectivo de rematar coa inseguridade viaria e humanizar Teo. Mais tamén desde o BNG reclamámolle ao goberno municipal que poña en marcha todos os mecanismos dispoñíbeis para lograr os recursos necesarios para conseguir executar as moitas e importantes actuacións previstas.