BNG solicita a creación dunha Valedoría de Igualdade en Galiza e aborda as demandas veciñais sobre espazos públicos e seguridade viaria

Captura do pleno
Captura do pleno

O Grupo Municipal do BNG presentou varias iniciativas que abordan diversas demandas veciñais, como a conservación de espazos naturais, a seguridade viaria e a mellora de infraestruturas públicas. Entre as solicitudes destacan a reparación de pistas, a creación de espazos de comunicación para a veciñanza e a atención a problemas de sinalización e aparcadoiros. Ademais, proponen á Xunta de Galiza a creación dunha Valedoría de Igualdade para defender os dereitos das mulleres e combater a discriminación de xénero, en resposta aos retrocesos sociais observados.

BNG solicita a creación dunha Valedoría de Igualdade en Galiza e aborda as demandas veciñais sobre espazos públicos e seguridade viaria
Captura
Captura do pleno

 

Moción para solicitar á Xunta de Galiza a aprobación por Lei e posta en marcha dunha Valedoría de igualdade:  Na última década o feminismo fixo que se produciran cambios lexislativos e un proceso de toma de conciencia colectiva. Mais hoxe, vemos como proliferan ideas e medidas abertamente retrógradas no ámbito social e institucional, que mesmo cuestionan a existencia da violencia machista. O feito de que haxa innumerables dereitos e medidas recollidas no marco lexislativo que non se cumpren fan que as reivindicacións do 8M deban apostar por ferramentas concretas e fuxir de declaracións de intencións, dar cabida ás demandas do feminismo galego e empregar o autogoberno para avanzar en dereitos.  Por todo isto o Grupo Municipal do BNG propón ao resto da corporación a adopción destes acordos: 

  1. Reafirmar o compromiso da Corporación municipal coa loita feminista e o apoio ás mobilizacións e reivindicacións do feminismo galego de base.
  2. Que a Corporación municipal de Teo demande á Xunta de Galiza o impulso dun proceso para a aprobación por Lei, antes de que remate 2025, dunha Valedoría de Igualdade, autoridade independente de defensa cidadá que asesore e asista diante de  situacións de discriminación por razóns de xénero que se poidan dar no sector privado, así como promover vías de negociacións e recomendacións que finalicen con situacións de discriminación, con funcións de investigación, asesoramento, mediación e elaboración de propostas de sanción para a promoción da garantía do cumprimento do principio de igualdade.

Rogos e preguntas: 

  1. Tras a ruta BBT da Camelia a veciñanza avísanos de que se mantén a sinalización da mesma e  ao ser un entorno natural solicitan que se recolla. 
  2. Os veciños de Augas Mansas preguntan a razón de reducir os espazos verdes xunto as pistas que foron substituídos por aparcadoiros.
  3. En Carballal e Bustelo moitos coches non respectan o límite de velocidade e producen situacións perigosas, pídese a toma de medidas para remedialo.
  4. Lémbrase ao grupo de goberno que poña os medios necesarios para cumprir co acordo plenario aprobado por unanimidade que comprometía ao goberno a poñer espazos de comunicación públicos en lugares de visibilidade para uso da veciñanza, asociacións, etc.. 
  5. Veciños de Paraxó solicitan que se asfalte e se lle dea solución á saída de pluviais da pista detrás das casas.
  6. Solicítannos o arranxo da pista que vai de Fornelos ao cemiterio de Rarís, no seu día ancheouse nalgúns tramos pero o firme está desfeito e a grava nas gabias. 
  7. Pedimos a reparación dunha serie de táboas danadas na ponte peonil que pasa sobre o Río Tella a carón da AC-841. 
  8. Informamos sobre unha ponte deteriorada no camiño de Pontevea ao Xirimbao.
BNG solicita a creación dunha Valedoría de Igualdade en Galiza e aborda as demandas veciñais sobre espazos públicos e seguridade viaria