Reunímonos co goberno municipal para facer propostas para os orzamentos para 2021

9M3A4250-1b baixa
Reunímonos co goberno municipal para facer propostas para os orzamentos para 2021

O grupo municipal do BNG en Teo, no marco da súa vontade de facer unha oposición construtiva e dialogante, mantivo unha xuntanza co goberno municipal para achegar posturas sobre os orzamentos municipais para 2021.

Os nacionalistas fixeron unha serie de propostas de actuacións que o goberno municipal estudará incluír nos orzamentos. O BNG é agora decisivo para a conformación de maiorías no concello e se o goberno Sisto-Lemus quere sacar adiante os orzamentos debe aceptar propostas para a mellora das actuacións.

O portavoz municipal do BNG, Manuel Barreiro, destacou que “no BNG sempre manifestamos unha clara vontade de construír e acadar acordos no marco dun entendemento e dunha vontade de diálogo para mellorar as condicións de vida no noso concello, seguindo esta premisa mantivemos esta reunión para achegar posicións de cara aos vindeiros orzamentos e pedir que se inclúan unha serie de actuacións que demanda a veciñanza, por exemplo o arranxo das pistas en Insua (Luou) e San Domingos (Calo) ou o parque infantil en Campos de Mirabel entre outras”. 

Por outra banda, Barreiro tamén asegurou que a formación nacionalista “é a garantía duns orzamentos máis sociais, con investimentos en infraestruturas e servizos, que aposten pola seguridade viaria, levando o saneamento e o abastecemento de auga a toda a veciñanza, e mellorando dotacións, en definitiva, uns orzamentos que acaden melloras para o conxunto da cidadanía”.

Reunímonos co goberno municipal para facer propostas para os orzamentos para 2021