Reunímonos co goberno municipal para achegar posturas sobre os orzamentos para 2020

Ramallosa_-_Casa_do_concello_de_Teo

Amosamos, máis unha vez a vontade dialogante e negociadora e reunímonos co goberno municipal para achegar posturas sobre os orzamentos municipais para 2020

Reunímonos co goberno municipal para achegar posturas sobre os orzamentos para 2020

O portavoz municipal do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, destacou que “é necesario que o goberno local dialogue e chegue a acordos co BNG”, e subliña que “a posición do Bloque sempre foi a prol do diálogo e que desta volta tamén será así, aínda que como xa reiteramos en moitas ocasións iso non supón un cheque en branco, polo que hai que chegar a consensos dos que saian acordos”. Por outra banda, Fernández Baz tamén asegurou que a formación nacionalista “será garantía duns orzamentos máis sociais, con investimentos en infraestruturas e servizos, que aposten pola seguridade viaria, levando o saneamento e o abastecemento de auga a toda a veciñanza, mellorando dotacións, cunha programación cultural digna dun concello como Teo; en definitiva, uns orzamentos que acaden melloras para o conxunto da cidadanía”.

O responsábel local, Manuel Barreiro, lémbralle a Son de Teo e PSOE que “é o momento de poñerse a traballar polos veciños e veciñas e deixarse de retrasos e manobras arteiras para gobernar sen dar contas”, e que o BNG “non permitirá acordos que hipotequen as contas do concello nin recorten dereitos civís como o asinado co arcebispado”, e agarda que “o alcalde exerza como tal e abandone as continuas saídas de ton e manteña as formas”, dito isto subliñou que “no BNG estamos dispostos a chegar a un acordo para elaborar uns orzamentos para a veciñanza atendendo ás moitas demandas e necesidades do noso concello”.

Reunímonos co goberno municipal para achegar posturas sobre os orzamentos para 2020