Imprimir

O Bloque demándalle ao goberno municipal a posta en marcha dun Plan de seguridade viaria

BNG de Teo | 17 de outubro de 2017

Organizamos outra andaina para reclamar un Plan de Seguridade Viaria e Humanización.

O sábado pola mañá percorremos a pé o treito dende a rotonda das Galanas ata a SR de Calo, dende o BNG de Teo organizamos esta andaina para reclamar un Plan de Seguridade Viaria e Humanización.

O Bloque demándalle ao goberno municipal de Teo (Son de Teo-Anova/PSOE) a posta en marcha dun Plan de seguridade viaria, como aposta estratéxica para facerlle fronte a un dos principais problemas que temos en Teo. Este plan sería o marco para avanzar na consecución de camiños seguros, carrís bicis, así como roteiros e sendas para o deporte e para desprazarse a pé.

Somos conscientes de que os veciños e veciñas de Teo reclaman seguridade viaria e apostan pola humanización, mais para conseguir establecer isto como prioridade é necesario seguir facendo accións simbólicas como esta.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bloque-demandalle-ao-goberno-municipal-posta-marcha-dun-plan-seguridade-viaria/20171017093439000836.html


© 2020 BNG de Teo

Bloque Nacionalista Galego | Teo


Correo e: teo@bng.gal