O Alcalde recoñece a deficiente execución da obra de Espasande-Ínsua

Muinho copia
A canle do muiño soterrada
O Goberno municipal modificou o proxecto inicial, tivo as obras paradas, e agora, compróbase que soterraron bens patrimoniais
O Alcalde recoñece a deficiente execución da obra de Espasande-Ínsua

A través do portavoz municipal, manifestamos no pleno do pasado mércores a nosa preocupación pola execución da obra do colector de Espasande-Insua na que se soterraron as canles de pedra, que son elementos patrimoniais, do conxunto dos muíños existentes á beira do río. A defectuosa execución da obra deixa zonas onde empoza a auga, restos de materiais das obras, cemento á vista, o lavadoiro inutilizado, etc. A senda, recén construida, xa esborrallou pedras e material ao río nalgún punto.

Manuel Anxo Fernández Baz, a raíz dunha denuncia veciñal, interpelou ao goberno municipal pola forma na que se esta executando a obra afectando ao conxunto patrimonial dos muíños, e reclamou o informe de patrimonio que avala esta actuación, amosando de antemán a súa sorpresa se hai un informe neste sentido.

Diante das preguntas do BNG, o alcalde recoñeceu que non se actuara da maneira adecuada pero que optaran pola vía do soterramento, mais tamén afirmou que tiñan previsto a modificación da obra no futuro para a recuperación do conxunto patrimonial.

Desde o BNG denúnciamos outra mala actuación deste goberno municipal, que amais recoñece que debido á mala execución nestas obras os veciños e veciñas de Teo teremos que pagar duas veces. Pola obra e polo arranxo.

O goberno do Sr Sisto ven facendo desta forma de proceder o seu modus operandi, como xa vimos denunciando dende hai tempo. E moi grave o desleixo nestas actuacións, máis aínda tendo en conta que había alternativas para non afectar os bens patrimoniais que deben ser protexidos para unha futura recuperación e posta en valor. Así mesmo, desde a formación nacionalista agárdamos que non sexa esta a política de defensa do patrimonio do goberno municipal de Teo.

O Alcalde recoñece a deficiente execución da obra de Espasande-Ínsua