O BNG DE TEO PRESENTA DUAS MOCIÓNS PARA O PLENO MUNICIPAL DE FEBREIRO

Resumo das mocións do pleno de febreiro de 2023

O Pleno Municipal apoia por unanimidade as mocións presentadas polo BNG de Teo en contra do depósito de coches e en apoio ao 8M

En rogos, o bng de Teo informou de fochancas nos Tilos e instou ao goberno a comunicarse coa Xunta para a limpeza de beirarrúas en Reis

Resumo das mocións do pleno de febreiro de 2023

O día 01 de Marzo de 2023 tivo lugar o Pleno Municipal correspondente ao mes de febreiro.

Entre os diversos temas que se abordaron nel atópanse dúas mocións presentadas polo BNG.

A primeira delas é en contra ás obras que o goberno municipal realizou no antigo parque da Casa Común de Lucí, destinadas a convertelo nun depósito de vehículos abandonados ou nun aparcadoiro municipal. Tras o debate, a moción foi aprobada por unanimidade de todos os membros da corporación. Esta decisión completa as accións iniciadas polos veciños e veciñas da parroquia, que lograron o compromiso da Alcaldía de Teo de que non se instalaría un depósito de coches nin aparcadoiro municipal na ubicación sinalada. Ademais, o goberno municipal comprometeuse a “humanizar minimamente” a zona.

Outra das mocións presentada polo BNG é en apoio ás mobilizacións do 8M, na que se insta ás administracións públicas a que tomen medidas concretas como a creación do Instituto Galego das Mulleres, da Unidade de Saúde Integral das Mulleres ou, entre outras, a elaboración dun Plan de Extensión dos Servizos Públicos en Materia de Coidados. A moción foi aprobada por unanimidade.

Link ao pleno: https://www.youtube.com/live/Iz27fCxB0Ho?feature=share

Resumo das mocións do pleno de febreiro de 2023