PP E PSOE SON OS CULPÁBEIS DA FUTURA INSTALACIÓN DO VERTEDOIRO NA CASALONGA

O BNG apoia á veciñanza e rexeita as decisións da Xunta sobre a Casalonga

IMG_7967

O BNG leva anos pedindo máis contundencia por parte do Concello e o deseño e posta en común cos grupos municipais dun plan de actuación para a defensa dos dereitos da veciñanza contra a ameaza da instalación dun vertedoiro na Casalonga.

O BNG apoia á veciñanza e rexeita as decisións da Xunta sobre a Casalonga

O BNG manifesta o seu apoio á veciñanza da Casalonga e rexeita as decisións da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galiza feitas públicas o martes nas que admite o novo plan de restauración e autoriza a expropiación da estrada. 

Advertimos hai apenas dous meses que pedir un novo informe medioambiental non ía servir para nada porque diría o mesmo que o anterior, que estaba feito de acordo ás normativas vixentes aprobadas polo PSOE e que o PP ía aprobalo.

O Portavoz municipal, Manuel Barreiro lembra “que a solución definitiva sempre pasou por cambiar as normativas, tanto a estatal coma a autonómica, dixémolo mil veces. O PSOE xa manifestou, nunha resposta o deputado Néstor Rego, que non o ía facer, pese a telo prometido antes das pasadas eleccións municipais. E o PP e a Xunta xa sabemos de que lado están porque sempre estiveron no mesmo, contra os veciños e veciñas  e a favor do espolio das grandes empresas. Máis unha vez vemos como menten e din unha cousa en eleccións e outra despois, unha en Madrid e a contraria en Teo”. Barreiro, sinalou tamén que non entende “o que fai o PSOE de Teo e que cando se lle piden explicacións son sempre andrómenas. A concelleira Lemus non gañou nin un só dos pulsos que mantivo coa empresa e era bo que repensara a seu xeito de actuar que non se sabe moi ben se está sempre contra o vertedoiro ou só nos días de campaña electoral.” E continuou “polo menos agora o PP que xa quitou definitivamente a careta e xa traballa para que se instale o vertedoiro, agora teñen que dar a cara diante da veciñanza e deixar de dicir mentiras, non están en contra do vertedoiro, nunca estiveron, de feito, están poñendo unha alfombra vermella á empresa. Tamén supoño o Portavoz Municipal tampouco cumprirá a promesa de dimitir se isto se poñía en marcha, porque o único que fai o PP de Teo e mentir, mentir e mentir. Co vertedoiro, cos eólicos, cos recortes nos colexios e na sanidade e, en xeral, con todo.”

O BNG reitera o apoio á veciñanza da Casalonga e seguira apoiando ás súas reivindicacións até que se pare o vertedoiro.

O BNG apoia á veciñanza e rexeita as decisións da Xunta sobre a Casalonga