FAISE REALIDADE ASÍ A PROPOSTA PRESENTADA POLO BNG DE TEO COMO RESPOSTA A UNHA DEMANDA VECIÑAL.
Conseguimos que se modifique o Imposto de vehículos de tracción mecánica para bonificar aos vehículos menos contaminantes
Conseguimos que o goberno municipal aplique o acordado coa moción do BNG en xaneiro de 2017 e que modifique a ordenanza do Imposto de circulación para bonificar aos vehículos máis eficientes e menos contaminantes.
En Teo estamos de noraboa, conseguimos que o goberno municipal aplique o acordado coa moción do BNG en xaneiro de 2017 e que modifique a ordenanza do Imposto de vehículos de tracción mecánica (imposto de circulación) para bonificar aos vehículos máis eficientes e menos contaminantes.
A devandita proposta foi levada ao pleno de xaneiro de este ano polo portavoz municipal Manuel Anxo Fernández Baz, que na súa intevención argumentaba que "a contaminación do medio é un dos principais problemas que debemos afrontar como representantes dos veciños e as veciñas». A medida impulsada polo BNG no Concello de Teo ten a dupla función de bonificar aos veciños e veciñas que aposten por tecnoloxías menos contaminantes e incentivar a adquisición progresiva de vehículos destas características.
Faise realidade así a proposta presentada polo BNG de Teo como resposta a unha demanda veciñal.
Así pois, Teo comprométese no respecto ao medio ambiente e aporta o seu grao de área á loita contra o cambio climático.
Comprometidos cos veciños e veciñas, coa calidade de vida, en definitiva cun concello para vivir.