Manuel Anxo Fernández rexistrou no Concello de Teo un rogo e tres preguntas dirixida ao Alcalde de Teo

Velutina_Teo
Niño de Velutina en Teo

O concelleiro do BNG en Teo, Manuel Anxo Fernández Baz, rexistrou no Concello de Teo un rogo dirixido ao Alcalde de Teo para que desenvolva un plan de actuación contra a invasora vespa velutina, diante da aparición de varios niños en diferentes puntos do concello, así mesmo tamén presenta varias preguntas para coñecer qué está facendo o Goberno municipal de Son de Teo e PSOE a respecto desta problemática.

A avespa asiática ou vespa velutina é un insecto invasor que está a introducirse fortemente na Galiza e que ameaza as colmeas poñendo en perigo o futuro da produción apícola e mermando o importante papel polinizador que teñen as abellas, con todas as repercusións económicas e ecolóxicas que isto trae consigo. 

Tamén é de destacar a alarma cidadá que está a crear a súa expansión: aínda que non se trata dun insecto máis agresivo co ser humano que a avespa autóctona, si que reacciona dun xeito virulento ante as ameazas ao seu niño; ante unha ameaza ou vibración a 5 metros do niño, prodúcese unha resposta de grupo, podendo perseguir á fonte da ameaza ata aproximadamente 500 metros. Este risco agrávase dada a colonización de zonas urbanas, periurbanas e rurais realizada por este insecto. 

Por todo isto, dende os profesionais da apicultura ás distintas administracións públicas, empezando pola galega ata os concellos, están a desenvolverse plans de control e erradicación da vespa velutina

Diante deste problema, e de que en Teo foron localizados niños, que teñamos coñecemento, en Cacheiras, Tilos, Carballal (Calo) e Francos (Calo), Fernández Baz formula un rogo no que solicita a “posta en marcha por parte do Concello de Teo dun plan de actuación contra a vespa velutina, pedindo a colaboración dos veciños e das veciñas para a identificación e localización dos niños, para posteriormente, ben coa súa capacidade propia ou en colaboración coa Xunta de Galiza, sexan emprendidas as actuacións necesarias para eliminar de forma inmediata todos os niños de vespa velutina detectados en Teo.”

E por outra banda, preséntalle ao Goberno municipal as seguintes preguntas: 

“1.- Ten deseñado o goberno municipal de Teo un plan de control e erradicación da vespa velutina no noso concello? De ser así, en que consiste ese plan? Está coordinado e conta coa supervisión das consellerías da Xunta de Galiza competentes na materia? Que departamento ou organismo municipal é o encargado de desenvolvelo? Quen é o seu responsábel ou responsábeis?

2.- Pensa o goberno municipal que se está executando, caso de habelo, de forma eficiente ese plan? 

3.- Máis alá das desculpas de ter que atender outras cuestións durante os meses de verán, que ten pensado facer o Concello para atender as solicitudes para a retirada dos niños? Vai seguir deixando pasar o tempo sen tomar ningunha decisión ao respecto?”

Manuel Anxo Fernández rexistrou no Concello de Teo un rogo e tres preguntas dirixida ao Alcalde de Teo