O PLENO MUNICIPAL ABORDA A FLEXIBILIZACIÓN URBANÍSTICA, A MOCIÓN CONTRA A MACROCELULOSA EN PALAS DE REI E OUTRAS CUESTIÓNS DE INTERESE LOCAL.

O BNG de Teo Cuestiona as Modificacións do PXOM e Rexeita o Proxecto de Altri

No último pleno municipal, abordáronse temas de gran relevancia para a comunidade de Teo, destacando a posición do BNG sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e a moción presentada sobre o proxecto de Altri. A Alcaldía propuxo modificacións ao PXOM, que foron criticadas polo voceiro do BNG, Eloi Devesa, quen expresou preocupación polo impacto que estas medidas poderían ter no territorio.
O BNG de Teo Cuestiona as Modificacións do PXOM e Rexeita o Proxecto de Altri

Neste pleno abordáronse diferentes cuestións, destacaremos a posición do BNG de Teo relativas ao PXOM, unha Moción sobre Altri entre outras. 

A Alcaldía presenta unha serie de Modificacións do PXOM e o voceiro do BNG Eloi Devesa presenta algunhas desconformidades:

  1.    A segunda modificación de flexibilización dalgúns parámetros urbanísticos parece ben intencionada, pero é difícil prever o impacto que pode ter no territorio.
  2.    Proposta de modificación do Capítulo IV. Situacións fóra de ordenación:
    • No Artº 48 nas obras en edificacións hai un erro grave que desvirtúa o sentido. 
    • No Artº 101.1 Actuacións de ampliación nas que se eliminan en edificios que presenten elementos fóra da ordenación, estas só procederán se se executan de forma simultánea as obras de adecuación de aqueles. O Bng pregunta porque se elimina a obriga de mellorar as cousas que están en desconforme coa ordenación xa que se solicita unha licenza de ampliación. O lóxico sería que o PXOM solicite a xustificación de porqué non se atallan os problemas coa ordenación ao facer obras deste tipo. Incluso permitindo non ter a obrigade de atallar eses problemas por un criterio de proporcionalidade económica.
    • No BNG de Teo non  entendemos a eliminación desa condición nas obras de ampliación, pois ó lóxico é tender, dentro do razoable, a que as obras que se fagan nun edificio desconforme coa ordenación melloren esa situación.
  3. En canto ao xeral da modificación non entendemos porque se refán artigos redactando varios parágrafos onde case non matiza a Lei do Solo, pois para iso é mellor facer referencia o que diga a Lei do Solo a ese respecto. Así tamén se hai modificación na Lei do Solo, xa se obriga a aterse a ela.

“Moción de urxencia para amosar o rexeitamento do Pleno ao proxecto de construción da macro-celulosa del Altri en Palas de Rei”: Nun primeiro momento presentouse como unha iniciativa centrada na produción circular de fibras téxtiles, mais pouco despois púidose comprobar que o propósito real era a fabricación de pasta de celulosa soluble (máis do 70% da produción). Esto tería consecuencias devastadoras para o territorio e o medio ambiente, non só na comarca da Ulloa, senón tamén en toda a Ría de Arousa e nas localidades que se abastecen do río Ulla, como  Teo.  A nova factoría requiriría inxentes cantidades de auga  e provocaría vertidos de augas residuais altamente contaminantes, o que afectaría á calidade das augas e á biodiversidade. A actividade económica e o emprego na zona tamén sufrirían un impacto negativo, que non se compensaría coas promesas e cantos de serea da Xunta de Galiza. O goberno da Xunta de Galiza vén de outorgarlle a este proxecto a declaración de viabilidade ambiental, poñendo por diante dos intereses da sociedade galega os seus intereses propios e os dunha empresa portuguesa, da que, ademais, é socia a ex conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato. A pesar disto, o proxecto de Altri aínda non conta coa luz verde ambiental. Faltan procesos decisivos como a Autorización Ambiental Integrada ou a concesión da captación de auga no encoro de Portomouros, entre outros. É por por todo esto o Grupo Municipal do BNG propón ao resto da corporación a adopción dos seguintes ACORDOS:

  1.   Expresar a oposición da Corporación á megacelulosa contaminante de Altri, dado que perpetúa un modelo de dependencia e explotación, fomenta a expansión da plantación de eucalipto e ocasionaría diversas repercusións negativas para todo o país, especialmaente para as comarcas próximas, para os concellos da beira do río Ulla -como o de Teo- e para a ría de Arousa.
  2.   Condenar a actuación da Xunta de Galiza neste proceso por antepoñer os intereses dunha empresa privada portuguesa aos intereses da sociedade galega.
  3.   Solicitar ao Goberno do Estado que non lle outorgue fondos públicos a Altri para a construción desta macrocelulosa en Palas de Rei.
  4.   Dar traslado destes acordos á Xunta de Galiza e ao Goberno do Estado.

   Rogos e preguntas:  Trasládase á Alcaldía que xunto á Piscina da Ramallosa hai unha serie de pasos de peóns que precisan un repintado. O grupo Municipal do BNG tamén informa de que na estrada de Baamonde dende o nº15 ata Reboredo hai unha zona chea de verdín e e follaxe mollado que fai que sexa perigoso, sobre todo para os vehículos. 

P.D: Dende o Grupo Municipal do BNG de Teo gustaríanos deixar claro que a Alcaldesa recoñeceu no Pleno, ao respecto coa débeda con AQUAFIT, que en case dous anos non falou cos servizos xurídicos sobre este tema, polo tanto tamén ten culpa de como acabou o proceso xudicial

O BNG de Teo Cuestiona as Modificacións do PXOM e Rexeita o Proxecto de Altri