VECIÑ@ E REPRESENTANTES DON BNG DE TEO ACUDIRON AO REXISTRO XERAL DA XUNTA
Presentación de alegacións contra a instalación dunha pirotecnia en Solláns
05 ago. 2022 - 14:52
Onte 04 de Agosto de 2022 representantes do bng de Teo xunto cun bo número de veciñ@s xuntáronse diante do rexistro da Xunta de Galiza para lograr que se denegue a autorización da instalación dunha pirotecnia entre as casas no lugar de Solláns (Calo).
Rexistráronse máis de 200 alegacións asinadas pola veciñanza entre a que se atopan @s integrantes do bng de Teo.