O BNG de Teo solidarízase cos traballadores e traballadoras de Ferroatlántica nas súas reclamacións para evitar o espolio das centrais do Xallas
O BNG de Teo solidarízase cós traballadores de Ferroatlántica nas súas reclamacións para evitar o espolio das centrais do Xallas, Villar Mir intenta facer caixa vendendo estas centrais públicas da que a súa empresa só dispón en concesión.
Facemos un chamamento a dar un apoio masivo ás mobilizacións emprendidas polo cadro de persoal, nomeadamente á marcha a pé cara a Compostela, especialmente o sábado 8 na última etapa de Bertamiráns a Santiago, que chegará ás 12:00h á Alameda par comezar coa gran manifestación polas rúas da capital do país.
Denunciamos a actitude da Xunta e do Partido Popular que unha vez máis abandona á súa sorte aos traballadores e traballadoras e a todos os galegos e galegas, permitindo o espolio dos nosos recursos naturais nunha sorte de colonización interior, antepoñendo os intereses de Villar Mir (imputado por suposto financiamento ilegal do PP e investigado na operación Lezo) e as multinacionais, aos do pobo galego.