Novas

Os prezos soben, os teus cartos baixan: fagámonos valer

➡️Mañá, SABADO 26 de Marzo, as 12h, @s compañ[email protected] do bng de Teo estaremos nos Tilos realizando un reparto de folletos e informando sobre a campaña "Os prezos soben, os teus cartos baixan: fagámonos valer";


➡️ Ao tempo, anunciamos e animamos a participar na MANIFESTACIÓN O DOMINGO 3 de Abril, con saida ás 12h da Praza 8 de Marzo en Compostela.

Ler novas
As nosas concelleiras Carmen Diéguez (esq.) e Patricia Castelao (dta.)

Toma de posesión como concelleira de Patricia Castelao

Hoxe, 23 de febreiro, a nosa compañeira Patricia Castelao tomou posesión como concelleira (e voceira) do bng de Teo; hoxe, día en que conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro


Parabéns, Patricia!


Dende o grupo municipal gardamos que a andaina sexa longa e frutífera ao tempo que desexamos medre aínda máis en ti a ilusión, o entusiasmo e a enerxía que te caracteriza.


Adiante Patricia, adiante bng!

Ler novas

concentración convocada pola ANPA do IES Cacheiras onte

A concentración do Mércores, entre [email protected] compañ[email protected] do bng, contou coa participación e apoio da nosa Concelleira por Teo Carmen Diéguez e da Deputada no Parlamento de Galiza Iria Carreira.

As nosas compañeiras puideron comprobar de primeira man como, apesares de saír as 14:10h, @s [email protected] do IES Cacheiras que residen en Lampai, Francos, etc..., foron [email protected] polo autobús do transporte escolar público, xestionado pola empresa Monbus, as 14:55h.

Dende o bng de Teo urximos ás partes implicadas e responsables a unha rápida solución.

Ler novas

concentración en protesta polo servizo de transporte escolar no IES Cacheiras

Dende o bng de Teo sumámonos á concentración en protesta contra a xestión do servizo de transporte escolar convocada dende a ANPA do IES Cacheiras para este Mércores 16 de Febreiro ás 14h diante do instituto.

Este instituto do noso Concello leva xa máis dun mes con continuos descontrois no servizo de transporte escolar, o que impide que leve correctamente a término as súas funcións, o que provoca entre outros conflitos, continuos retrasos, longas agardas e perigosidade para o alumnado.

Ante esta situacíon facemos un chamamento á toda a veciñanza a que se sume á concentración en apoio da ANPA, coa finalidade de dar visibilidade a unha problemática que precisa dunha urxente solución.

Ler novas

Campaña do bng en prol da lectura neste mes de Rosalía

Dende o bng de Teo facemos un chamamento á veciñanza a que se anime a mercar libros neste mes de Rosalía .
Poderanse obter adhesivos e marca-páxinas, por xentileza do bng nos seguintes comercios teenses, entre outros:
- d'Ana libraría-papelería;
- A Vagoneta educativa;
- La tienda Arco Iris;
- A Xanela;

Ao tempo animamos a todo o mundo a sumarse aos diferentes actos organizados en Brión e Padrón con motivo deste "mes de rebeldía" !

Ler novas
WhatsApp Image 2022-02-10 at 02.58.48

falta de iluminación en zonas da travesía de Montouto

O pasado Mércores 02 de Febreiro, a nosa concelleira Carmen Diéguez, facéndose eco de diversas queixas que nos fixo chegar a veciñanza, expuxo no pleno a problemática da iluminación na zona da travesía de Montouto.

Problemas que veñen acontecendo con moita frecuencia dende hai xa uns meses.

Parece ser que funciona os días pares e os impares non...pero lonxe das bromas, o certo é que chegouse a estar 4 tardes/noites a escuras, do Venres 04 ao Luns 07 incluído, coa inseguridade que isto provoca debido, entre outras cousas, a que este acceso é a entrada de varios portais do nº 26, a existencia de circulación de vehículos e o acceso aos garaxes.

A resposta do Concello foi de mirar a situación, pero dada a escuridade, mirar, mirarían...pero o que se di ver...

Ler novas