14/maio/2022
Ante o cambio de titularidade a nome de Toysal da pista que leva á canteira, pedimos explicacións e esiximos que se estuden todas as posibilidades abertas para solucionar dunha vez por todas a problemática da canteira.
Dende o bng de Teo estamos a facer unha oposición responsábel, construtiva e dialogante mais non permitiremos un novo golpe á veciñanza con noticias que só fan aumentar a alarma. Esiximos, antes que nada, respecto á veciñanza que vive con desesperación esta confusión e merecen vivir con tranquilidade.
Todas as forzas políticas do concello teñen que deixarse a pel neste tema para intentar solucionalo por todos os medios, con responsabilidade, respondendo só aos intereses das veciñas e veciños.
A perda de control sobre a pista supón facilitar a Toysal que faga o que lle pete nos terreos e, fronte isto, estará o BNG e tamén as veciñas e veciños como levamos demostrando todos estes anos de protestas e mobilizacións para deixar claro que, de se construír, atoparíanse coa nosa oposición activa.
A nosa voceira, Patricia Castelao reclama un "pacto municipal" para sumar forzas contra a instalación do vertedoiro.