#iluminaciónConcelloDeTeo
Novas
WhatsApp Image 2022-02-10 at 02.58.48

falta de iluminación en zonas da travesía de Montouto

O pasado Mércores 02 de Febreiro, a nosa concelleira Carmen Diéguez, facéndose eco de diversas queixas que nos fixo chegar a veciñanza, expuxo no pleno a problemática da iluminación na zona da travesía de Montouto.

Problemas que veñen acontecendo con moita frecuencia dende hai xa uns meses.

Parece ser que funciona os días pares e os impares non...pero lonxe das bromas, o certo é que chegouse a estar 4 tardes/noites a escuras, do Venres 04 ao Luns 07 incluído, coa inseguridade que isto provoca debido, entre outras cousas, a que este acceso é a entrada de varios portais do nº 26, a existencia de circulación de vehículos e o acceso aos garaxes.

A resposta do Concello foi de mirar a situación, pero dada a escuridade, mirar, mirarían...pero o que se di ver...

Ler novas