BNG de Teo critica a compra de nave industrial para Centro de Día e defende alternativas municipais

d3e10661-e921-4d35-9da9-570c08dd7aed
O BNG de Teo critica a compra dunha nave industrial abandonada para un Centro de Día, cuestionando o método de adquisición e a idoneidade do inmoble. Sostén que o Concello ten parcelas municipais que poderían ser cedidas á Xunta, evitando a compra. Ademais, critican a falta de licitación pública e sinalan problemas de accesibilidade e altos custos de reforma. O portavoz do BNG, Eloi Devesa, cuestionou á alcaldesa sobre estas decisións. O BNG lembra que a falta de Centro de Día é responsabilidade do Partido Popular, que cancelou un proxecto anterior en 2009, e defende a creación dun centro de xestión pública.
BNG de Teo critica a compra de nave industrial para Centro de Día e defende alternativas municipais

Dende o BNG de Teo consideramos que a operación, por parte do Goberno Municipal, de compra dunha nave industrial abandonada para Centro de Día non é axeitada para esta finalidade por considerar dubidoso o método de aquisición e tamén pola idoneidade do propio inmoble.

d3e10661-e921-4d35-9da9-570c08dd7aed

O Concello de Teo é propietario de parcelas municipais que poderían cederse á Xunta para esta dotación socio-comunitaria, sen ter que mercar parcelas alleas. Desde o BNG, ademais, criticamos que esta adquisición se faga sen ningún tipo de licitación pública por unha cantidade superior a 180.000 €. Esta operación xera numerosas dúbidas. Eloi Devesa, Portavoz Municipal do BNG, no pasado pleno cuestionou a alcaldesa do PP sobre estes aspectos: Non se barallou ningunha parcela municipal? Cales e por que se desbotaron? Por que non houbo un concurso público para a adquisición dunha parcela ou dun inmoble?

As condicións da parcela e da nave industrial abandonada tampouco son as máis idóneas. A mala accesibilidade, a nula integración da mesma (ubicada nunha zona industrial) así como os previsibles altos custos de reforma do propio inmoble, constitúen aspectos desfavorables para esta operación de compra.

Dende o BNG queremos recordar que, se non hai un Centro de Día na actualidade é responsabilidade exclusiva do Partido Popular, xa que foron Feijoo e o seu Goberno quen botaron abaixo, no ano 2009, o proxecto e o convenio asinado pola propia Xunta (BNG-PSOE) e o concello no 2008. No mencionado Convenio incluíase a construción dun inmoble con vivenda pública e un Centro de Día, para o que se fixera a cesión dunha parcela municipal na urbanización de Campos de Mirabel. A mesma parcela que na actualidade o PP acaba de cederlle á Xunta para construción de vivendas.

Desde o BNG seguimos a defender a dotación dun Centro de Día para o noso concello, de xestión pública e integrado na rede dos centros públicos do Consorcio Galego de Servizos Sociais.

BNG de Teo critica a compra de nave industrial para Centro de Día e defende alternativas municipais