NOTA DE PRENSA DO 24/05/2023

O BNG de Teo celebra o 25 de maio un acto aberto á veciñanza en Calo

O BNG de Teo celebra o 25 de maio un acto público aberto á veciñanza no restaurante San Martiño de Calo

O candidato á alcaldía, Eloi Devesa, intervirá na xuntanza acompañado de Guillerme Vázquez, exportavoz nacional do BNG, e Noelia Castaño, a número 2 na candidatura

Teo, 23 de maio de 2023.- O BNG de Teo celebra o acto central da campaña no restaurante San Martiño, na parroquia de Calo, o xoves 25 ás 20:30 horas. Na xuntanza intervirá Eloi Devesa, o candidato á alcaldía en Teo, e Noelia Castaño, a número 2 na candidatura. Tamén participará como convidado o exportavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez.

No acto Devesa falará sobre o proxecto que o BNG ten para Teo, sobre as capacidades e fortalezas na xestión municipal da organización. Fará fincapé nas ideas principais da campaña, que teñen como obxectivo fundamental a creación dun concello para as persoas, con máis e mellores servizos públicos, que xere emprego, que aposte pola mocidade e que sexa sustentable.

Tamén se falará sobre o programa xeral e os 13 programas parroquiais para as eleccións, elaborados coas necesidades que as veciñas e os veciños expresaron nas xuntanzas que o BNG leva organizando dende hai meses.

Xa para rematar, o venres 26 o BNG de Teo realizará un convivio no Centro Cultural A Ponte Vella, de Reis, ás 20:30 horas. Na xuntanza os nosos candidatos e candidatas explicarán aos veciños e veciñas as ideas e melloras recollidas no programa xeral para o concello e no específico parroquial.

Actualización (imaxes do acto):

Xa para rematar, o venres 26 o BNG de Teo realizará un convivio no Centro Cultural A Ponte Vella, de Reis, ás 20:30 horas. Na xuntanza os nosos candidatos e candidatas explicarán aos veciños e veciñas as ideas e melloras recollidas no programa xeral para o concello e no específico parroquial.

Actualización (imaxes do acto) 

O BNG de Teo celebra o 25 de maio un acto aberto á veciñanza en Calo