UNHA REUNIÓN PARA ANALIZAR E BUSCAR SOLUCIÓN ÁS DEFICIENCIAS DO INICIO DE CURSO
O BNG de Teo convoca as ANPAS
O BNG de Teo convoca as ANPAS a unha reunión para analizar e buscar solución ás deficiencias do inicio de curso
Teo, 12 de setembro de 2023- O BNG de Teo manterá unha xuntanza coas ANPAS do concello este xoves día 14. Na reunión abordaranse as eivas detectadas no inicio do curso escolar, como poden ser as relacionadas co comedor, coas instalacións ou cos servizos de conciliación. Destacan entre as diferentes deficiencias os retrasos nas liñas dos autobuses de Monbus, presentes xa dende o primeiro día do curso escolar.
A formación nacionalista considera que é necesario facer un diagnóstico desta situación actual para buscar solucións urxentes. O BNG de Teo comprométese a trasladar as demandas necesarias aos organismos correspondentes, Concello de Teo e Xunta de Galiza, ademais de facer un seguimento das mesmas ata a súa resolución.
“Cremos que é imprescindible estar en contacto constante coas ANPAS, para coñecer os problemas máis urxentes e así traballar en solucionalos e mellorar a educación pública do municipio”, sinala Noelia Castaño, responsable de educación no grupo municipal do BNG.